Monday 13 de May de 2024

4.650 persoas participan na 10.ª edición da Carreira Popular San Silvestre 2019


 

Este ano faráselle unha homenaxe ao CRAT de rugby feminino no momento da saída

Esta mañá presentouse no Pazo Municipal de María Pita a 10.ª edición da Carreira Popular San Silvestre que terá lugar o vindeiro 31 de decembro e que organiza o Club Deportivo Rialto e o Concello da Coruña. O acto de presentación contou coa participación da alcaldesa da cidade, Inés Rey, a concelleira de Turismo, Diana Cabanas, o edil de Deportes, Juan Ignacio Borrego, o organizador da Carreira Popular San Silvestre, David Barca, e varios membros representantes das entidades patrocinadoras da proba deportiva: Abanca, Coca Cola, Método Construcción, Gadis e Termaria.

Nesta edición o número de inscricións chegou ás 4.650 na categoría absoluta e ás

400 nas categorías infantís. O prezo das inscricións van desde os 5 € nas categorías infantís ata os 12 € na absoluta. A data límite para inscribirse rematou ás
23.59 h de onte, 26 de decembro. Dentro das categorías infantís atopamos as subcategorías A e B, sobre un circuíto cerrado no Parrote, que sairán desde as
16.00 h. Pola súa banda, a categoría absoluta terá un percorrido de 7.250 metros e sairá ás 17 h.

Rey asegurou na rolda de prensa aos medios de comunicación que a San Silvestre “é unha proba que xa ben de convertirse nunha tradición en multitude de cidades españolas coa que miles de persoas deciden rematar dun xeito saudable o ano” sen dúbida, dixo, “é unha das carreiras más divertidas do calendario, unha proba na que os participantes se esquecen das marcas e saen a correr para gozar e despedir neste caso o 2019 ao grande”.